Cultural de Vigoenfotos.com Cultura de Vigo

14dic/090

O Concerto “The Dodos” pecha a 7edición do Festival Sinsal no Museo Marco as 20h o 17 de decembro de 2009

The Dodos

The Dodos

The Dodos son unha banda californiana que con tres álbumes publicados é unha das propostas de Weird Folk máis interesantes. Comparten afinidades con Xiu Xiu, Iron and Wine, Animal Collective ou Six Organs of Admittance, se ben con características propias. The Dodos chaman ao seu estilo Psych Folk, e non é de estranar, baixo composicións de corte clásica agóchase unha sección rítmica a cargo de Logan Kroeber, toda unha eminencia en canto a percusión africana se refire. A outra metade de The Dodos é Meric Long, a voz e a guitarra, que así susurra como acompaña á batería nun fluír que por momentos parece sacado da banda sonora dos corredores dun psiquiátrico, como parece aseverar a canción Two Medicines. Time to Die é o seu último traballo, á venda dende agosto e a confirmación da radical orixinalidade do dúo, devenido para a ocasión en trío, tras a incorporación ao vibráfono de Keaton Snyder. The Dodos encherán a sala do MARCO de ritmos psicodélicos para despedir a programación de Outono do Festival SINSAL.

Diadermin, dúo formado na Illa de Arousa, serán os encargados de abrir a velada cunha combinación de tecno-pop e actitude provocadora que xa chamou a atención dos medios galegos. Diadermin conxugan melodías entre bailables e lo-fi con letras gamberras e iconoclastas, orgullo friki e bizarrismo.

The Dodos son una banda californiana que con tres álbumes publicados es una de las propuestas de Weird Folk más interesantes. Comparten afinidades con Xiu Xiu, Iron and Wine, Animal Collective o Six Organs of Admittance, si bien con características propias. The Dodos llaman a su estilo Psych Folk, y no es de extrañar, bajo composiciones de corte clásico se esconde una sección rítmica a cargo de Logan Kroeber, toda una eminencia en cuanto a percusión africana se refiere. La otra mitad de The Dodos es Meric Long, la voz y la guitarra, que así susurra como acompaña a la batería en un fluir que por momentos parece sacado de la banda sonora de los pasillos de un psiquiátrico, como parece aseverar la canción Two Medicines. Time to die es su último trabajo, a la venta desde agosto y la confirmación de la radical originalidad del dúo, convertido para la ocasión en trío, tras la incorporación al vibráfono de Keaton Snyder. The Dodos llenarán la sala del MARCO de ritmos psicodélicos para despedir la programación de Otoño del Festival Sinsal.

Diadermin, dúo formado en la Illa de Arousa, serán los encargados de abrir la velada con una combibnación de tecno-pop y actitud provocadora que ya lamó la artención de los medos gallegos. Diadermin conjugan melodías entre bailables y lo-fi con letras gamberras e iconoclastas, orgullo friki y bizarrismo.

Museo MARCO de Vigo. Xoves, 17 de decembro.

20:30 h. 12 euros

¿Te gustó este artículo?

¡Considera suscribirte a nuestro feed!

Comentarios (0) Trackbars (0)

Aún sin comentarios.


Deja un comentario


Aún sin trackbacks.